MARCO
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo representa a aposta
máis decidida da cidade polas vangardas artísticas en todos os
campos: pintura, escultura, deseño, arquitectura, vídeo, arte
na Rede, moda, etcétera. Alén dos seus fondos propios, que
pouco e pouco van configurando a exposición permanente, o
MARCO nútrese de exposicións temporais de figuras salientables
do panorama contemporáneo internacional, ben en forma de
perspectivas de conxunto interdisciplinario, ben en forma de
mostras monográficas de movementos ou artistas. No edificio
anexo hai unha sala de exposicións dedicada á produción dos
artistas emerxentes.
Enderezo:
Príncipe, 54
Teléfono:
986 113 900 / 13911
Fax:
986 113 901
Correo electrónico:
info@marcovigo.com
Web:
www.marcovigo.com
Horario:
Martes a sábado de 11.00 a 21.00 h; domingos de 11.00 a 15.00 h e
luns fechado.
Espazo anexo: Martes a venres de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h;
domingo de 11.00 a 14.00 h.
Biblioteca: Martes a venres de 11.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h
Entrada gratuíta
Os horarios e os prezos dos espazos museográficos poden
sufrir modificacións.
43