Página 36 - Mar de Vigo

Versión de HTML Básico

36
PARQUE NACIONAL DAS ILLAS
ATLÁNTICAS. ILLAS CÍES
Se falarmos de natureza non poderemos esquecer que
a esencia mesma desta terra se encontra nas Illas Cíes.
Corazón do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das
Illas Atlánticas de Galicia, este arquipélago é un paraíso:
para as aves que aniñan nos seus cantís, para as especies
vexetais autóctonas —algunhas moi singulares— e para os
seus visitantes. Existe a posibilidade de facer excursións
dun día ou de gozar de estadías máis longas, dado que se
pode facer noite no seu cámping.