Página 19 - Mar de Vigo

Versión de HTML Básico

Logo nos encontraremos coa Concatedral de Santa María, o
principal templo da cidade, e desde este punto podemos escoller
entre tres camiños.
A primeira opción é baixar pola praza de Juan de Villavicencio e
o Mercado da Pedra. No pasado, aquí dábanse cita estraperlistas,
contrabandistas e todos cantos buscaban no mercado negro o
que a escaseza da posguerra non proporcionaba. Hoxe en día, o
lugar perdeu ese halo de misterio e clandestinidade, pero pode
ser un bo lugar para encontrar produtos típicos e de importación.
Aos seus pés, antes de abandonar polo norte a zona vella,
encontramos as ostreiras, que con hábiles mans e destro coitelo
tardan menos en abrir as ostras que os seus moitos clientes en
comelas. Os bares dos arredores ofrecen a bebida, o asento e
outros produtos típicos. Non lonxe, na rúa da Laxe están as
polbeiras. Porque ningún paseo é comparable a aquel que permite
degustar os pratos típicos do lugar.
Pero había dous camiños máis no cruzamento que deixamos ás
portas da Concatedral. O
segundo é o mesmo que
toma cada ano, no primeiro
domingo de agosto, a
procesión máis concorrida
de Galicia, celebrada na
honra do Cristo da Vitoria.
Este debe o seu nome á
vitoria sobre os franceses
en 1809, aínda que a imaxe
do Cristo é anterior. Di a
lenda que apareceu flotando
no mar e que un barco a
recolleu, de xeito que tamén
recibe o sobrenome de
«Cristo do Sal».
Colexiata de Santa María
19