Página 15 - Mar de Vigo

Versión de HTML Básico

O Vigo que inicia o século XX ten pouco máis de quince mil
habitantes, pero o seu porto xa é importante no comercio con
América e Europa e a cidade posúe unha puxante burguesía
industrial e comercial que contrata os mellores arquitectos
da época para crear unha contorna urbana singular, composta
por edificios labrados no mellor granito. O ensanche é hoxe
un espléndido catálogo de todos os estilos arquitectónicos
do período de entre séculos: modernismo, eclecticismo e
rexionalismo.
A industria crece e con ela a cidade, que se vai expandindo polas
abas do Castro. Nace o barrio de Casablanca, urbanízase a Gran
Vía nos anos corenta. A zona das Travesas comeza a adquirir
personalidade propia a partir dos cincuenta. Coia, nos anos
setenta. Así, desde o centro cara ao exterior, década a década,
vaise conformando o actual perfil urbano de Vigo.
As Travesas
Ribeira do Berbés, 1900
15