Vigo monumental
Coñeces xa o Vigo monumental? Poucas cidades ofrecen tantos contrastes como Vigo: nun minuto estarás en plena zona industrial, rodeado das grúas do porto de Vigo, e ao seguinte atoparaste en medio dunha rúa con chan empedrado e fronte aos grandes edificios emblemáticos de Vigo, de fachadas señoriais, xunto a unha igrexa románica ou nun xacemento arqueolóxico. O Vigo monumental está á volta da esquina, en todas partes, e rúa é a mellor maneira de encontralo.
Nos teus paseos por Vigo, ademais de coñecer a arquitectura máis sorprendente da cidade, pasarás ante algún dos monumentos máis importantes de Vigo, como o Farol de Urzáiz, o punto de encontro favorito dos vigueses, ou O Sereo do escultor galego Francisco Leiro, quizais o símbolo máis representativo do Vigo moderno.