Samil/Beiramar
A noite máis longa, xunto ao mar
Entre Beiramar e Samil concéntranse as maiores discotecas de Vigo: algúns dos locais de maior capacidade e de horarios máis prolongados da cidade.
Pero é unha ruta apta para todos os horarios: porque comeza cunha espectacular posta de sol nun contorno único, a praia de Samil, onde poderás tomar algo tranquilamente en calquera das súas terrazas. Hai locais moi agradables; pubs para deixarse ver e terrazas a pé de praia, onde gozar dun cóctel ou unha caña antes de lanzarte a percorrer a noite de Vigo. Incluso hai unha boleira, para un plan alternativo de ocio en familia.
Despois da tranquilidade, entre Beiramar e Samil tes decenas de locais afterhours abertos ata o amencer. Fai parada na Avenida de Europa, onde varias xeracións da xuventude viguesa bailaron nas súas noites máis longas.
Introducíndonos máis na noite, e sen perder de vista o mar, pódese seguir a festa en diferentes discotecas de Beiramar, que se instalaron nas inmensas naves reconvertidas en pistas de baile á última.
En verano, la zona de Samil está en pleno apogeo, con las noches más largas y cálidas que favorecen el terraceo. Pero las discotecas de Beiramar siguen siendo cita obligada para bailar hasta altas horas.