Regueifas

A tradición oral galega

As regueifas son outra das tradicións musicais de Vigo, unha herdanza secular galega. Nelas ponse a proba a famosísima retranca galega, xa que unha regueifa non é máis que un diálogo cantado, sempre improvisado, no que o ‘pique’, a ironía e sobre todo o bo humor son os reis da rima.

Hai barrios de Vigo onde a regueifa é unha institución, como Valadares: cada outono celebran un certame no que os estudantes de Secundaria dan unha lección de enxeño a quen se achegue a escoitalos ao Centro Cultural de Valadares.

Información práctica

  • Asociación Oral de Galiza
  • Estrada Xeral de Valadares, 261
  • Teléfono: 
    986 467 053
  • Fax: 
    986 467 052