Os produtos de matanza
A cociña tradicional galega deixou en Vigo a paixón polos produtos da matanza do porco, do que en Galicia se aproveita todo: chourizos, lacón, ou as propias orellas elabóranse igual que no tempo de nosos tataravós. A variedade máis autóctona, para auténticos sibaritas: o porco celta.
Se che gusta a carne de porco, un bo cocido galego ou un lacón con grelos son inescusables.