Museo Liste

A vida galega no Museo Liste

Interésate a etnografía? Visita o Museo Liste de Vigo. Este gran centro de patrimonio etnográfico galego en Vigo ofrécete un paseo polo pasado, as tradicións e os costumes de Galicia.

O Museo Liste ten vocación de museo aberto, o que o converte nun lugar que invita a compartir experiencias sobre a condición tan cambiante da cultura.

Atoparás desde obxectos primitivos de madeira a diferentes formas de iluminar, pasando polas tradicionais ofrendas espirituais galegas ao longo dos séculos.

Pistas e recomendacións: 

O edificio do Museo Liste era unha vivenda unifamiliar, rodeada dunha finca duns 5.000 m² que paga a pena visitar: verás varias especies interesantes de árbores e construcións de gran valor etnográfico, entre elas un hórreo, unha fonte e un lavadoiro antigo.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

Horarios: 

De martes a sábados: 10:00 a 14:00h.

Mércores: 10:00 a 14:00h e de  17:00 a 19:00h

Pecha domingos, luns e festivos.