Deporte en Vigo
Un abanico de posibilidades deportivas en Vigo
Vigo é unha cidade para facer turismo deportivo. Esa é, realmente, a mellor forma de aproveitar todo o seu potencial natural e compartir unha das actividades preferidas polos vigueses: saír a correr, a nadar, a xugar ao fútbol… O Parque de Castrelos ou o contorno do Ensanche son as áreas predilectas para un bo adestramento urbano.
Se che gusta máis o baloncesto, tes pistas de básquet en toda a cidade. O teu é o skate? Pois no Monte do Castro encontrarás o teu sitio, e se prefires patinar, podes facelo fronte ao mar, na praia de Samil, onde hai tamén un curioso circuíto de automodelismo e unha boleira.
Vigo ten unha rede de instalacións deportivas única: con 10 pavillóns polideportivos, 3 complexos deportivos e varias piscinas municipais. En moitos deles, podes dispor das instalacións adquirindo un pase dun día. Consúltaos na web oficial do Concello de Vigo.
Tamén podes consultar todos os eventos deportivos anuais de Vigo.