Monte da Guía

O monte que mira ao mar

A Guía é o monte que vixía o mar de Vigo. Antigamente, o monte da Guía era o lugar elixido polas esposas dos mariñeiros vigueses para acender fogueiras que lles serviran de faro para volver a casa. O monte está situado na parte alta do barrio de Teis, un dos máis activos da cidade. O parque está presidido pola ermida da Nosa Señora das Neves e toda a zona é un enclave natural impresionante, polo que é posible pasear escoitando só o son do mar.

Pistas e recomendacións: 

Non perdas a oportunidade de ir de tapas pola zona. Desde unha fritura de peixiños ata unha mariscada, hai sitios populares onde os prezos nunca van ser un problema.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

  • Avda. de Doña Fermina