Página 55 - Mar de Vigo

Versión de HTML Básico

55
Lecer
Para divertirse en Vigo, todo é posible. Desde os deportes
de risco e aventura aos que poñen o viaxeiro en contacto
coa natureza, ademais de todas as propostas urbanas dunha
cidade viva e cosmopolita.
Normalmente, asociamos a diversión coa noite e nese eidoVigo
tamén nos presenta a súa variedade. Desde espazos temáticos
con ambiente irlandés, vaqueiro ou hollywoodiano ata os máis
underground
. As zonas máis concorridas encóntranse arredor
das rúas de Rosalía de Castro e do Areal; da Praza de Portugal,
as rúas de Churruca e de Alfonso XIII e as súas inmediacións; as
Travesas e, desde logo, na praia de Samil.