Página 52 - Mar de Vigo

Versión de HTML Básico

Vigo
e as súas festas
O calendario ofrece todo o ano unha alegre sucesión de festas e
romarías:
- Vigo recibe o ano novo entre festas e fogos artificiais lanzados
desde cada balcón e desde cada casa.
- O entroido leva ao centro da cidade un colorido desfile de
carrozas e comparsas mentres que nos barrios se vive a festa máis
tradicional.
- O 28 de marzo, a Reconquista recorda a liberación de Vigo tras a
ocupación francesa de 1809. Os actos institucionais culminan coa
recreación amable e participativa da batalla.
- As procesións de Semana Santa dan fe do apego ás tradicións
existente nas diversas parroquias de Vigo.
- En xuño, as cacharelas de San Xoán iluminan Vigo enteiro mentres que
o fume e as sardiñas asadas perfuman a noite máis meiga de Galicia.
- Desde mediados de xullo ata finais de agosto, hai actuacións
musicais no auditorio ao aire libre de Castrelos, representacións
de teatro na rúa e concertos nos barrios.
- A Semana Grande organízase en torno ao primeiro domingo de
agosto, coincidindo coa festa e procesión do Cristo da Vitoria,
Procesión do Cristo
52