Página 31 - Mar de Vigo

Versión de HTML Básico

O CALVARIO
Rematamos a viaxe nun dos barrios máis xenuínos de Vigo. Núcleo
do antigo municipio de Lavadores, que se integrou en Vigo en
1941, o Calvario é o centro urbano máis elevado e afastado do
mar. O seu corazón é o tramo final da rúa Urzáiz, que é peonil e
reborda vida e actividade a calquera hora do día.
O Mercado Municipal e unha grande cantidade de pequenos
establecementos crean a sensación de que todo o Calvario é un
comercio sen fin onde se pode encontrar todo o que non hai en
ningunha outra parte.
*No plano, zona GR-3
Mercado municipal do Calvario
31