Página 12 - Mar de Vigo

Versión de HTML Básico

Vestixios da muralla no Castro
Aqueles vigueses primixenios vivían en pequenos poboados,
como o que se pode visitar na aba do Castro, pero o estilo de
vida cambiou coa chegada dos romanos. Ademais de aldeas, os
romanos construíron salinas e explotáronas para facer salgas de
peixe. A riqueza producida por esta actividade e polo comercio
permitiu edificar luxosas vilas, nas que os homes máis poderosos
gozaban de todo tipo de comodidades, incluíndo auga quente e
calefacción. Podemos facernos unha idea de como era a vida nesa
época visitando a vila romana de Mirambell, no barrio de Canido,
e as salinas descubertas na rúa Rosalía de Castro. Aos romanos
debémoslles tamén o nome da cidade:
vicus
, «a aldea».
Vigo seguirá sendo unha pequena aldea durante a Idade Media.
Nesa época aparecen os núcleos de poboación que hoxe
constitúen as parroquias rurais de Vigo: Bembribe, Coruxo,
Castrelos, etc., onde se constrúen pequenas igrexas románicas.
Porén, o maior monumento que nos quedou do Vigo medieval
non é de pedra, senón
de pergameo. Trátase das
Cantigas de Amigo, de
Martín Códax, o primeiro
testemuño escrito da
lírica trobadoresca galego-
portuguesa:
«Ondas do mar de Vigo /
se vistes meu amigo / e hai Deus se verrá cedo?...»
Tralos romanos, chegaron outros moitos pobos, e non sempre con
boas intencións. Os saqueos son frecuentes en toda a ría e seguirán
séndoo ata ben entrado o século XVII: viquingos, normandos...
12