Moderno e profesional? Divertida e innovadora? Se che gusta gozar da cultura máis vangardista, pasar unha fin de semana de compras, espectáculos ou música en directo, percorrer a historia da arte galega ou somerxerte no pasado dunha terra que creceu abrazada ao mar... Vigo é o teu destino.
A maior cidade de Galicia está chea de propostas feitas a medida de cada viaxeiro: descubre o seu imparable centro ou pérdete no encanto dos seus barrios; percorre as 10 rúas imprescindibles e realiza un dos seus paseos pola arquitectura; visita os seus parques e déixate sorprender polo seu gran Vigo industrial.
Corazón das Rías Baixas, en Vigo atoparás algúns dos mellores museos e galerías de arte de Galicia, e poderás dedicar cada noite a ver un concerto en directo, unha obra de teatro ou a admirar o seu rico folclore.
Ven e introdúcete na cultura da cidade de Galicia máis vangardista. Reserva unha fin de semana, unha ponte de 4 días ou toda unha semana e vive Vigo á túa medida.
Porque Vigo ten mil caras e unha delas está pensada para ti.