Buscas un destino de vacacións diferente? Un lugar onde mar e montaña se funden nun dos abrazos máis fermosos do planeta? Un sitio no que gastronomía, cultura, vangarda e tradición se xuntan nunha experiencia realmente única? Benvido, entonces, á ría de Vigo.
A máis profunda das Rías Baixas convídate a somerxerte no Atlántico, a sucar as ondas ata perderte nas praias paradisíacas das súas Illas Cíes, a percorrer os confíns desa terra inesquecible de xentes que teñen por alma un sorriso e a transformarte nun intrépido mariñeiro que navega entre tesouros.
Mergúllate neste mar de posibilidades e descubre as mil caras que esta ría che ofrece. Ven e navega Vigo á túa medida. En solitario ou coas túas amizades, a túa parella ou a túa familia...
Porque Vigo ten mil caras e unha delas está pensada para ti.