Amante do surf e das ondas? Navegante empedernido? Se es dos que non poden vivir sen ter o mar preto e queren amencer coa mirada posta no horizonte, afeccionado á vela ou o submarinismo, apaixonado do surf, a pesca deportiva e as piragüas... Vigo é o teu destino.
Bañada por unha das rías máis belas de Galicia, Vigo é o lugar perfecto para aprender a navegar a vela ou para gozar de todo tipo de deportes náuticos: planear escapadas en barco pola ría, mergullar xunto ás Illas Cíes, organizar unha excursión de pesca e gozar dos seus históricos portos deportivos.
Atrévete a navegar pola maior das Rías Baixas e vive unha experiencia inesquecible no corazón do Atlántico. Reserva as túas datas e goza de Vigo á túa medida: con amizades, con nenos, en solitario ou coa túa parella...
Porque Vigo ten mil caras e unha delas está pensada para ti.